Actividades
01/11/2025 : Ciclo Un comíco na aldea . Paula Carballeira, na Escola de Carracedo. as 18:00 h, seguido de pinchos.
//
21/09/2025 .Mollate polo río: dentro do Proxecto ríos. Limpeza do río Umia o seu paso por Ribela e concienciación de non tirar lixo o río.
//
25/09/2025 a 18/06/2026: Curso de memoria, Agadea,( na Escola de Carracedo).Todos os xoves de 11:45 a 13:30 horas.
OBXETIVOS
.- Son fins principais da asociación:
a.- Comunicar o Concello as necesidades de recuperación e conservación de infraestructuras de uso público : carreteras, camiños reales e carreiros, alumeados, aceras, saneamento…etc).
Facilitándolle a labor institucional de recollida de información e servindo de medio de comunicación entre os veciños e as diversas instituticions.
b.-Tramitar e solicitar axudas públicas pra recuperar o entorno e os bens públicos.
c.- Suxerir, axudar e colaborar na posta en marcha de proxectos , cooperativas de producción, turismo, asociacións ou calqueir actividade que supoña millorar as condicions de vida dos residentes e millorar as condicions medioambientais do entorno, recuperación de montes e campos improductivos, prevención de incendios, desertización e abandono do campo etc.
e- Fomentar as boas relacions de vecindade e armonía.
LIBROS
MOLLATE POLO RIO
Ribela avanza!!
XORNADA DE VOLUNTARIADO PARA RECUPERACION DO NOSO RIO UMIA E AFLUENTES O SEU PASO POR RIBELA.
E PRECIOSO ANOTARSE ( por telf ou wsp: Asociación : 617 97 34 35 , Lucía: 690 07 11 5 7 Email: avaribela@gmail.com.
CONTAREMOS CON POLIZA DE SEGURO DE ACCIDENTES.
HORA INICIO: 10:30-11:00 h.
HORA FIN : 13:30-14:00 h.
PUNTO DE ENCONTRO: Aldea de Pumares.
Localización punto de encontro:https://maps.app.goo.gl/Fijcfin82D9rnt19A
Materiais recomendables:
-Luvas. Se podes traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos.
-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
-Bolsas e capachos : xa as levamos os da Asociación.
Medidas de seguridade:
-Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
-Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos.
- Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
-Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
-Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemáti-co.
-Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
-Ter coidado coas zonas de corrente forte e pro-fundas.
MOLLATE POLO RIO
“ MOLLATE POLO RIO” , no río Umia de Ribela.
Consiste en dar un paseo pola veira do río, o día 21 de setembro, de 10:30 a 13:00 horas aprox, e ir retirando todo o lixo que atopemos na veiras.
Esta iniciativa está integrada na Red Proyecto Ríos , forma parate de unha red nacional e internacional, pretende concienzar da importancia de non tirar lixo o río.
En ocasións, os refugallos tirados ao río, non representan un perigo para o ecosistema, pero sí supoñen un impacto visual negativo ( papeis, plásticos, latas, botellas…)
No caso de Ribela, confiamos non atopar moito, xa que o estar perto do nazemento, a maioría do lixo que recibe acaba aguas abaixo, pero sempre queda algo nas veiras.
Outro obxetivo de MOLLATE POLO RIO , no caso de Ribela, e fomentar que a nosa xente nova, vaia coñecendo os nosos camiños polo río, volver a compartir carreiros, ver estanques, muiños, fábrica da luz…antiguas zonas de baño…pontes e fervenzas. “Camiñar xuntos nunha senda saudable”
E xa como postre, moito nos gustaría recuperar a Senda do río , desde a Ponte de Leira ate o Estanque da Fervenza de Esqueiro, desde a fervenza da Grela até o río Umia…¡pero eso no próximo capítulo.!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
AVISO DE NOVAS ACTIVADADES CURSO 2026
COMUNICADO VECIÑAL_ Actividades para as parroquias plan 2026 : ✅ ximnasia ✅ pilates ✅ memoria Xa est á aberto o prazo do...
-
O DIA 1 DE NOVEMBRE, TEMOS O HONOR DE TER EN RIBELA A PAULA CARBALLEIRA. ESCRITORA, CONTACONTOS E ACTRIZ GALEGA. GAÑADORA DO PREMIO NACIONAL...
-
E non vos esquezades de esta estupenda xornada que nos está preparando a Comisión de Festas de Ribela
-
Dispoñemos de unha bonita colección de libros doados, moi agradecidos a toda a xentiña de bo corazón. Son de libre disposición . Para ver ...


