Mostrando entradas con la etiqueta río. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta río. Mostrar todas las entradas

MOLLATE POLO RIO

Ribela avanza!! 

  XORNADA DE VOLUNTARIADO PARA RECUPERACION DO NOSO RIO  UMIA E AFLUENTES O SEU PASO POR RIBELA.
 

  E PRECIOSO ANOTARSE ( por telf ou wsp: Asociación : 617 97 34 35 , Lucía: 690 07 11 5 7 Email: avaribela@gmail.com. 
 CONTAREMOS CON POLIZA DE SEGURO DE ACCIDENTES. 

 HORA INICIO: 10:30-11:00 h. HORA FIN : 13:30-14:00 h. 

PUNTO DE ENCONTRO: Aldea de Pumares. 

 Localización punto de encontro:https://maps.app.goo.gl/Fijcfin82D9rnt19A

  Materiais recomendables: 
 -Luvas. Se podes traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos.
 -Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo). 
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
 -Bolsas e capachos : xa as levamos os da Asociación.

  Medidas de seguridade:

-Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
 -Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos.
- Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
 -Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
 -Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemáti-co. 
-Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
 -Ter coidado coas zonas de corrente forte e pro-fundas.

AVISO DE NOVAS ACTIVADADES CURSO 2026

  COMUNICADO VECIÑAL_   Actividades para as parroquias plan 2026 : ✅ ximnasia ✅ pilates ✅ memoria Xa est á aberto o prazo do...